martes, 30 de enero de 2024

SADAKO E AS MIL GRÚAS DE PAPEL

Dende o 22 de xaneiro ata o 30 de xaneiro, coa celebración do Día da Paz e da Non Violencia, os nenos e nenas de 2º traballaron sobre a figura de Sadako Sasaki e a lenda das mil grúas. Comezamos averiguando un pouquiño máis sobre Sadako, quen era esa nena?, que lle ocorrera? Tamén descubrimos a orixe da lenda das mil grúas. Para rematar e coñecer moito máis a fondo a Sadako e a súa historia, fixemos unha lectura compartida, cun capítulo diario, do libro “Sadako e as mil grúas de papel” de Eleanor Coerr. Como actividade de peche creamos un final alternativo para a historia de Sadako e pintamos un debuxo que a representaba.

Podes clicar na imaxe para poder ver o póster completo!

lunes, 29 de enero de 2024

Minimundo mariño

 As nenas e os nenos de 5 anos elaboran un minimundo sobre o fondo mariño, con elementos que recolleron previamente na praia.





martes, 23 de enero de 2024

Visita da mamá de Valentina

 Visita de Laura, a mamá de Valentina, de 4 anos, que veu a contarnos un conto sobre elfos e a facer unha manualidade moi divertida

Recomendacións para o Nadal

 Queridos lectores/as e familias... 

Como xa falta pouco para ter que escribirlle a carta aos Reis Magos... por aquí vos deixamos unha serie de novidades que podedes atopar na Biblio do centro. Así mesmo, poden axudarvos como recomendacións de lectura para as vacacións de Nadal.

Fai clic na imaxe para ver de que trata cada libro.

FESTIVAL DE NADAL 2023

  Boas familias e lectoras/es, aquí tedes o vídeo do festival de Nadal. Esperamos que vos guste!

"Yo voy conmigo" organizado pola Biblioteca do Grove

 Obradoiro teatral dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e organizado pola Biblioteca do concello do Grove, relacionado co conto "Yo voy conmigo" de Raquel Díaz.


Porque nós non somos obstáculos

  Vídeo sobre o 3 de decembro protagonizado polo alumnado de 4º de Educación Primaria na materia de Educación Física.


Contos polo 3 de decembro, Día Internacional das persoas con Discapacidade

  O resto de alumnado tamén contou contos... 4º de EP foron padriños e madriñas lectoras de 5 anos e de 1º de Primaria; 5º de EP contou a 3 anos e 6º de EP contou a 4 anos, a 2º e a 3º. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada de convivencia lectora.











3 DE DECEMBRO - Contacontos de 6º a 2º de Educación Primaria

 

Pirámide holográfica

  Aproveitando o mes da Ciencia, fixemos o experimento da pirámide holográfica coa mestra Sandra nos recreos da Biblio, que consiste en proxectar calquera obxecto animado en tres dimensións. 

Despois, todos e todas elaboramos a nosa pirámide, probando que funcionase!











25 N - A TRAVÉS DE CONTOS - 2º EP

 Para a conmemoración do Día Internacional contra a violencia de Xénero, o alumnado de 2º, traballou a través de diferentes contos. O primeiro deles "¿Qué es el amor?, onde Emma a nena protagonista intenta averiguar que é iso do amor, preguntándolle a todos os seus familiares. O segundo libro sería "O lápis máxico de Malala", sobre a famosa activista defensora da educación e gañadora do Premio Nobel da Paz.


25N e Xogos Olímpicos

 Para conmemorar o 25 de Novembro traballamos interdisciplinarmente coas materias de plástica, sociais e lingua galega e castelá. Decidimos traballar a partir do cadro "A liberdade guiando ao pobo" de Delacroix, xa que é a partir deste de onde procede a mascota dos Xogos Olímpicos de París 2024.



E este foi o resultado final:



Saída científica á Coruña

 O pasado 17 de novembro todo o alumnado do cole foi de excursión á Coruña. Alí visitamos a casa das Ciencias e o planetario, a Domus e o Acuario.

Foi un día moi divertido e compartimos moitas experiencias científicas xunt@s!










E ti, es do Club de Ciencias?

 Este ano, participamos no Club de Ciencias, así que todo o alumnado de 4º, 5º ou 6º que queira participar é benvido! 

BIBLIOTECA SOLIDARIA

 A partir do luns 4 de decembro e ata o día 14 podedes colaborar co banco de alimentos Rías Baixas traendo un alimento non perecedoiro e levando de agasallo un libro de expurgo da biblioteca.


O día 15 virán a recoller os alimentos.

Robótica nos recreos de Biblio

 Como ben sabedes, a semana pasada, o alumnado de 6º curso impartiu un obradoiro de robótica ao resto do alumnado do cole. Deste modo, a través da titoría entre iguais todos aprenderon, pero sobre todo, compartiron experiencias xuntos.







Primeiro 



Segundo



Terceiro



Quinto


Grazas a todas/os, en especial ao alumnado de 6º por querer compartir os seus saberes e organizar este taller co resto de compañeiras/os do cole!


X Certame de relato curto

  O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊