lunes, 26 de junio de 2023

viernes, 23 de junio de 2023

Revista escolar: A VOZ DE CONMENIÑO

 Ola amiguiñas e amiguiños!


Xa podedes ler A VOZ DE CONMENIÑO, a nosa revista escolar e rememorar todas as experiencias tan fermosas vividas ao longo deste inesquecible curso escolar.



Rematamos este ano cheo de momentos máxicos. Grazas por compartir e vivir esta viaxe con nós. Esperamos que o curso que ven veña cargado de ilusión e novas aventuras por descrubrir.


Apertas de todas as mestras e mestres que tan orgullosos están de vós.


Gozade no  verán para vir con forzas!!

Imaxes premiadas no concurso de fotografía

 Despois de darlle moitas voltas, xa temos gañadores do Consurso de Fotografía! Non foi unha tarefa doada para o noso xurado, que comentou que fora complicado decidirse por dúas fotografías.

O que si temos máis que claro é que O Grove é terra de artistas. Aproveitade o privilexio de vivir neste entorno para seguir tirando fotografías a todo o que vexades! Quen sabe? Se cadra algunha ou algún de vós fai deste arte un oficio...

Imos coas imaxes premiados! (redobre de tambores)

O primeiro premio é para Greta, de 3º de EP.

Mirada fiel

E o segundo premio é para Gabriel, de 6º de EP.

Un paseo polo Río da Chanca

Parabéns, artistas!!!👏👏👏

E por suposto parabéns a todas e todos por animarvos a ollar o mundo tras o obxectivo dunha cámara e amosarnos lugares, plantas, amigos e curiosos bichiños que forman parte do voso (do noso) mundo natural 💚💚💚

O noso especial agradecemento ás familias, pola súa colaboración 💕

Concurso de fotografía

  Concurso de fotografía para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.



Neste paraíso meco que temos a sorte de habitar vai ser cousa ben sinxela atopar motivos para inmortalizar cos vosos obxectivos. Seguro que descubrides un mundo que as máis das veces pasa desapercibido ante os nosos ollos.

Se queredes gozar da natureza e sacarlle o máximo partido á vosa cámara, seguide estes consellos para collerlle o truco á marabillosa arte da fotografía.

Agardamos con moita ilusión as vosas obras de arte!

Contacontos na Biblio

 Contacontos con tres artistas, un deles ilustrador e o outro cantautor. Foi unha actividade moi divertida na que o alumnado puido debuxar caricaturas e coñecer cantando un pouquiño máis sobre a vida de Francisco Fernández del Riego.





Traballos Letras Galegas

 Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, traballamos conxuntamente cos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca do cole de Bizocas para que os nenos e nenas preparasen un conxunto de actividades sobre o autor homenaxeado este ano. Estas son as actividades que prepararon os nenos e as nenas de Conmeniño para que resolveran os/as de Bizocas:

  





Así mesmo, tamén vos deixamos as actividades que nos prepararon os nenos/as de Bizocas:




Facemos unha ensalada con productos do noso horto

 O alumnado de 1º curso preparou para a merenda unha ensalada riquísima con productos do noso horto e algún que outro complemento. Primeiro buscamos receitas e libros de cociña na biblio e agora terán que escribir a súa para deixárnola ao resto de cursos!










Bookface na Biblio

 Dinamización dos recreos na Biblioteca creando Bookface, é dicir, fundirse coa portada dun libro. 

Que vos parecen? Podedes deixar o voso comentario e seguir animándovos a novas creacións, porque a Biblioteca está aberta á imaxinación de todos e de todas.











Experimentos Proxecto Corpo Humano

 Ola a todas e a todos!

Hoxe en Infantil tivemos un día moi científico... Fixemos un estómago e un corazón!

Dentro do noso proxecto sobre o Corpo Humano, fixemos dous experimentos: un para saber como funciona o aparato dixestivo e outro para ver como bombea sangue o noso corazón. Gracias ao profe Jose por enseñarnos tanto!!

Apertas de Gusibot



Bibliopatio

 Aquí vos deixamos outra das novidades, o noso carriño de Bibliopatio, no que a parte de libros hai distintas mochilas (creativa, de xogos de mesa, de escritura creativa...) para poder facer uso delas tanto no recreo coma na casa. Os responsables de levar o carriño e de facer os préstamos son os axudantes de Biblioteca.

 



Recanto poético

 Aqui vos deixo un recanto poético feito polo alumnado de 3º curso

Historias creativas

  Un día Sofía entra na aula cunha historia escrita por ela na que a protagonista era unha nena que chegaba  a un novo país... en relación co tema dos refuxiados e inmigrantes e o proxecto do cole... o PDI. A partir de aí, comezaron as seguintes historias creativas








X Certame de relato curto

  O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊