Coa actividade “Contoche un traxe”, o alumnado achegouse ao traxe tradicional galego dun xeito moi especial.
Ao tempo que se ía relatando a súa historia e características, profesorado e alumnado foron vestindo as diferentes pezas para amosalas en directo.A actividade estivo acompañada por cantigas tradicionais galegas, creando un ambiente cheo de cultura e tradición.
Unha experiencia dinámica e participativa para coñecer e valorar o noso patrimonio!