viernes, 20 de febrero de 2026

Obradoiro de maquillaxe de Entroido

 Durante a semana previa ao Entroido vivimos días cheos de diversión e creatividade. Ademais de gozar cos tradicionais mandadiños da meca, as profes da biblioteca organizaron un obradoiro de maquillaxe de Entroido durante os recreos.

Foron momentos moi especiais nos que nos axudamos uns aos outros: compañeiros e compañeiras, maiores e pequenos, compartindo pinturas, ideas e moitas risas mentres decorabamos as nosas caras, uñas e cabelos.

Este obradoiro converteuse nun espazo de encontro e colaboración, onde o máis importante non foi só maquillarse, senón compartir, coidar e desfrutar xuntos.

Unha actividade divertida que nos preparou para vivir o Entroido con máis ilusión ca nunca! 






martes, 10 de febrero de 2026

Telexornal de Conmeniño, un ano máis!

 Un ano máis, o Telexornal de Conmeniño volveu ás aulas da man do alumnado de , que se converteu en auténtico equipo de xornalistas. Ao longo do proxecto foron entrevistando a todas as clases do centro para averiguar que etapa da historia están a estudar este curso.

Ademais, cada grupo explicou como teñen decorada a porta da súa aula e a relación desa decoración co proxecto traballado, dando lugar a un percorrido moi creativo e cheo de aprendizaxe pola historia.


Podedes velo na seguinte ligazón:

TELEXORNAL


Parabéns a todos e en especial ao alumnado de 4º polo seu traballo, a súa implicación e por achegarnos a información dun xeito tan divertido e interesante. 

Obradoiro- creando con vimbio

Dentro da formación de BiblioCreativa, tivemos a sorte de participar nun marabilloso obradoiro da man de O Cestín do Furón , no que o vimbio...