martes, 28 de marzo de 2023

Manifesto poético

 O alumnado de 3º de Primaria creou un manifesto poético que coa axuda da sua mestra recitaron ao resto do alumnado do cole o Día da non violencia e a paz.



Taller de estampación de camisetas

 Para preparar a nosa marcha pola non violencia e a paz contamos coa axuda de Andrea, a mamá de dous nenos do cole. Como podedes ver no vídeo, ela explicounos o proceso de elaboración e axudounos a cada un dos nenos e nenas do cole a decorar a nosa camiseta. 

Previamente xa fixeramos un pequeno obradoiro para decoralas pola parte traseira con motivos relacionados coa paz.



Taller de lettering

 Comezamos o curso realizando un Taller de Lettering. 
Dúas nenas de 5º (Andrea e Candela) e dúas de 6º (Carmen e María), impartiron ao resto de cursos de Educación Primaria un taller de Lettering. 
En primeiro lugar, explicaron de que se trataba, ensináronlle a forma na que hai que agarrar os rotuladores e por último, axudáronlles a realizar o trazado para que puidesen escribir unhas pequenas letras aos seus seres máis queridos.
Foi unha xornada de convivencia de moito proveito na que aprendemos todas e todos xuntas/os.



PRESENTACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA

Este é o primeiro ano que participamos en Biblioteca Creativa, por eso, a partir de agora amosarémosvos neste blogue todo o que engloba. 

Benvidos e benvidas a tod@s!

X Certame de relato curto

  O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊