domingo, 7 de junio de 2026

Obradoiro- creando con vimbio

Dentro da formación de BiblioCreativa, tivemos a sorte de participar nun marabilloso obradoiro da man de O Cestín do Furón, no que o vimbio foi o gran protagonista.

Entre todos e todas, desde o alumnado máis pequeno ata o máis maior do centro, colaboramos na construción dun tipi de vimbio, achegando o noso gran de area para dar forma a esta creación colectiva. Pouco a pouco, fomos engadindo detalles e elementos decorativos ata converter a estrutura nun espazo único e cheo de encanto.

O resultado xa luce no patio do cole, converténdose nun recuncho especial para compartir, imaxinar, ler e crear. Un proxecto que nos ensinou o valor do traballo en equipo e da creación colectiva.










 

Obradoiro de papel reciclado

 O alumnado participou nun interesante obradoiro de papel reciclado, no que aprendeu a transformar papel usado en novas follas listas para volver utilizar.

A través desta actividade práctica, descubriron a importancia da reciclaxe e da reutilización dos recursos, tomando conciencia do impacto das pequenas accións no coidado do medio ambiente.

Unha experiencia creativa e sostible que nos axuda a construír un futuro máis respectuoso co noso planeta.


 





 

Dándolle unha nova vida ás ceras

 O alumnado participou nunha divertida actividade de reutilización na que transformou ceras vellas e pequenas en novas ceras con forma de osiño.

Empregando moldes e coa axuda da calor, deron unha segunda vida a materiais que xa parecían ter rematado o seu uso, creando así novas ferramentas para seguir debuxando e creando.

Unha proposta creativa e sostible que nos ensinou a importancia de reutilizar, reducir residuos e coidar o medio ambiente.








Teatro de sombras

 O alumnado de 3 anos gozou dunha divertida sesión de teatro de sombras, unha actividade chea de maxia, imaxinación e descubrimentos.

A través das luces, as siluetas e as historias representadas, os máis pequenos e pequenas exploraron novas formas de expresión e comunicación, participando con entusiasmo en cada momento.

Unha experiencia creativa que espertou a súa curiosidade e lles permitiu aprender xogando. 




Obradoiro de creación de xabóns

 O alumnado participou nun obradoiro de elaboración de xabóns artesanais, guiado pola nai de dous alumnos do centro, á que agradecemos a súa colaboración e implicación.

Durante a actividade aprenderon o proceso de creación destes produtos, que posteriormente serán postos á venda no mercadiño escolar dos vindeiros días.

Esta iniciativa forma parte da nosa participación en DepoEmprende, fomentando o emprendemento, a creatividade e o traballo en equipo. 




lunes, 18 de mayo de 2026

Cóntoche un traxe

 Coa actividade “Contoche un traxe”, o alumnado achegouse ao traxe tradicional galego dun xeito moi especial.

Ao tempo que se ía relatando a súa historia e características, profesorado e alumnado foron vestindo as diferentes pezas para amosalas en directo.
A actividade estivo acompañada por cantigas tradicionais galegas, creando un ambiente cheo de cultura e tradición.
Unha experiencia dinámica e participativa para coñecer e valorar o noso patrimonio!
 





Creación de chaveiros

O alumnado participou na creación de chaveiros personalizados empregando a cortadora láser, combinando creatividade, deseño e novas tecnoloxías.

Estes pequenos detalles foron elaborados como agasallo para a xornada de convivencia que compartimos co alumnado do CEIP As Bizocas con motivo da celebración das Letras Galegas.

Unha actividade moi especial que nos permitiu crear recordos únicos e fortalecer os lazos entre ambos centros.






viernes, 15 de mayo de 2026

Obradoiro de creación de velas

 O alumnado participou nun obradoiro de elaboración de velas artesanais, guiado pola nai de dous alumnos do centro, á que agradecemos a súa colaboración e dedicación.

Ao longo da actividade descubriron os materiais e o proceso necesario para crear as súas propias velas, que formarán parte dos produtos que se venderán no mercadiño escolar dos vindeiros días.

Esta proposta enmárcase dentro da nosa participación en DepoEmprende, promovendo a iniciativa, a creatividade e a aprendizaxe a través da experiencia.





martes, 21 de abril de 2026

Semana do libro - Visita do historiador Bruno Padín

 Con motivo da Semana do Libro, tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita do historiador Bruno Padín.

Durante a sesión, compartiu con nós parte da historia da nosa vila, amosándonos imaxes e explicándonos como vivían as xentes do Grove noutras épocas. Foi unha actividade moi interesante, que nos permitiu coñecer mellor o noso entorno e as nosas raíces.

Esta visita enmárcase dentro do noso PDI "Retroviaxe", xa que nos axudou a afondar no pasado da nosa contorna.

Ademais, tivemos a oportunidade de que nos asinase o seu libro Entre o mar e a terra. Unha historia das xentes do Grove, que xa formaba parte da biblioteca do centro.

Moitas grazas, Bruno, pola túa visita e por compartir connosco o teu coñecemento.







jueves, 2 de abril de 2026

Día das Artes Galegas: convertémonos en fotógrafos!

 O pasado 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas, adicado este ano ao fotógrafo galego José Suárez, considerado un dos fotógrafos máis importantes da historia de Galicia. A súa obra destacou por retratar a vida cotiá das persoas, especialmente do mundo mariñeiro e rural galego.

En homenaxe a el, durante unha semana convertémonos en auténticos fotógrafos e fotógrafas. Nos recreos da biblioteca saímos polo patio coas tablets para realizar fotografías inspiradas na fotografía etnográfica, retratando escenas da nosa vida diaria no cole: os xogos, os compañeiros e compañeiras, os momentos compartidos e os recunchos do patio.

Foi unha experiencia moi divertida e especial, na que aprendemos a mirar o noso entorno con outros ollos, igual que facía José Suárez nas súas fotografías.

Aquí podedes ver os resultados do noso obradoiro fotográfico:



Obradoiro- creando con vimbio

Dentro da formación de BiblioCreativa, tivemos a sorte de participar nun marabilloso obradoiro da man de O Cestín do Furón , no que o vimbio...