miércoles, 26 de abril de 2023

Improvisando e rapeando co poema de Ana María Fernández no día da poesía

 O alumnado de 4º curso improvisa e rapea un poema de Ana María Fernández




Almorzos saudables e consumo responsable

 O día 15 de marzo celébrase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. 

Na clase de 3 e 4 anos levouse a cabo un obradoiro de almorzos saudables, no que logo de facer unha compra realizaban unhas brochetas de froita. Desta forma todos e todas conmemoramos o dereito a vivir e gozar dun medio ambiente máis saudable e sustentable.



Robótica en Educación Infantil

Os nenos e as nenas de 3 e 4 anos xogando con DOC o robot, aprendendo programando de forma divertida!


 

jueves, 13 de abril de 2023

Obradoiro "Booktrailers"

O pasado trimestre realizouse un obradoiro de Biblioteca Creativa que recibe o nome de "Booktrailer". Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria foron os encargados de escoller os libros, de grabar e representar os seus trailers, así como de editalos e maquetalos.

Foi unha actividade moi divertida na que tiveron que tomar moitas decisións e traballar en equipo, xa que todos/as tiñan unha responsabilidade dentro do grupo.

A continuación podedes ver os vídeos e tamén as tomas falsas dun dos equipos:









 

27 de marzo- Día Mundial do Teatro

O pasado 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro e as nenas de 5º de Edución Primaria representaron distintas obras ao alumnado de Educación  Infantil.


 

21 de marzo- Día da Poesía a través da Radio

O día 21 de marzo foi o Día da Poesía. No CEIP de Conmeniño conmemoramos a data gravando diferentes poemas a través da Radio Conmeniño, a radio dos grandes e dos pequeniños. 
Ademais, escribiron os poemas nun papel con decorados acuaraleables que foron repartidos polos diferentes establecementos do Grove.
Aquí vos deixo os códigos QR para que poidades escoitar os diferentes poemas.






 

Obradoiro de Escornabots

O alumnado de 6º de EI e de 1º e 6º de EP pasaron o día na Biblioteca montando os seus propios Escornabots. Esta iniciativa, que forma parte do programa Biblioteca Creativa, permitiu ao noso alumnado traballar cos robots a través da titoría entre iguais e a aprendizaxe cooperativa. 
Deixamos unha mostra do ben que o fixeron e o moito que aprenderon.









 

"Os pendentes do amor" de Ares

 O debuxo de Ares (1º curso) é un dos finalistas no concurso do Colexio Oficial de Xoiarías de Galicia. 

En hora boa Ares!



X Certame de relato curto

  O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊