viernes, 21 de marzo de 2025

Lingua materna e día da poesía

  Feliz día da poesía e da lingua materna 🫶🏼 da man de “Queco Fresco”, Diversos con Versos.

Actividade que nos ofrecen desde o concello, para o alumnado de 5° e 6°. Un achegamento para fomentar a súa creatividade, sensibilidade e capacidade de expresión 📖




martes, 18 de marzo de 2025

Micro aberto pola lingua materna

 Celebramos a lingua materna con cancións, refráns e moita diversión con micro aberto!

Foi unha xornada chea de creatividade e alegría, onde os nosos nenos e nenas puideron mostrar o seu talento e amor pola lingua galega dunha maneira única.

Durante toda a xornada, tiveron a oportunidade de achegarse á biblioteca e tomar o micrófono para compartir cos seus compañeiros/as o que máis lles gusta da nosa lingua: cancións, poesías, refráns e ata chistes, todo en galego. A imaxinación e o bo humor non faltaron!

Os demais compañeiros tamén puideron gozar como espectadores, alentando aos seus amigos/as e compañeiros/as nun ambiente de apoio e celebración. Foi unha experiencia divertida, enriquecedora e chea de risas que nos permitiu conectar coas nosas raíces e valorar a riqueza da nosa lingua materna.

Esta actividade non só foi unha oportunidade para poñer en práctica o galego de maneira divertida, senón que tamén nos lembrou o importante que é preservar e transmitir a nosa lingua ás novas xeracións.

Grazas a todos os que participaron e a quen nos acompañou como público!


 

 

 

 

viernes, 14 de marzo de 2025

📰✨ Semana da Prensa: nace o Xornal de Conmeniño

 Con motivo da Semana da Prensa, o noso alumnado transformouse en pequeno equipo xornalístico para dar vida ao noso propio medio escolar: o Xornal de Conmeniño.

Durante varios días, mergullámonos no mundo do xornalismo:
 Escribimos noticias
 Fixemos fotos
 Investigamos fontes
 Reflexionamos sobre o que acontece no noso entorno escolar

Os contidos do xornal xiraron arredor das diferentes conmemoracións e actividades celebradas no centro ao longo do curso.


 

 

 



Cada sección foi creada con ilusión, traballo en equipo e moitas ganas de comunicar. Esta experiencia axudou ao alumnado a desenvolver a súa capacidade crítica, expresiva e creativa, ademais de entender mellor o papel da prensa e a importancia da información.

O Xornal de Conmeniño é unha mostra do que pasa no noso cole… contado polos seus protagonistas!

lunes, 10 de marzo de 2025

VIII Concurso 8M

 En relación con convivencia e benestar do alumnado, este ano quixemos participar no VIII Concurso que a Consellería propón para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. 

O obxectivo foi promover a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. 

Este foi o cartel elixido entre o noso alumnado participante, para enviar ao concurso:

Obradoiro- creando con vimbio

Dentro da formación de BiblioCreativa, tivemos a sorte de participar nun marabilloso obradoiro da man de O Cestín do Furón , no que o vimbio...