martes, 21 de abril de 2026

Semana do libro - Visita do historiador Bruno Padín

 Con motivo da Semana do Libro, tivemos a sorte de recibir no noso centro a visita do historiador Bruno Padín.

Durante a sesión, compartiu con nós parte da historia da nosa vila, amosándonos imaxes e explicándonos como vivían as xentes do Grove noutras épocas. Foi unha actividade moi interesante, que nos permitiu coñecer mellor o noso entorno e as nosas raíces.

Esta visita enmárcase dentro do noso PDI "Retroviaxe", xa que nos axudou a afondar no pasado da nosa contorna.

Ademais, tivemos a oportunidade de que nos asinase o seu libro Entre o mar e a terra. Unha historia das xentes do Grove, que xa formaba parte da biblioteca do centro.

Moitas grazas, Bruno, pola túa visita e por compartir connosco o teu coñecemento.







jueves, 2 de abril de 2026

Día das Artes Galegas: convertémonos en fotógrafos!

 O pasado 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas, adicado este ano ao fotógrafo galego José Suárez, considerado un dos fotógrafos máis importantes da historia de Galicia. A súa obra destacou por retratar a vida cotiá das persoas, especialmente do mundo mariñeiro e rural galego.

En homenaxe a el, durante unha semana convertémonos en auténticos fotógrafos e fotógrafas. Nos recreos da biblioteca saímos polo patio coas tablets para realizar fotografías inspiradas na fotografía etnográfica, retratando escenas da nosa vida diaria no cole: os xogos, os compañeiros e compañeiras, os momentos compartidos e os recunchos do patio.

Foi unha experiencia moi divertida e especial, na que aprendemos a mirar o noso entorno con outros ollos, igual que facía José Suárez nas súas fotografías.

Aquí podedes ver os resultados do noso obradoiro fotográfico:



Obradoiro- creando con vimbio

Dentro da formación de BiblioCreativa, tivemos a sorte de participar nun marabilloso obradoiro da man de O Cestín do Furón , no que o vimbio...