O pasado trimestre realizouse un obradoiro de Biblioteca Creativa que recibe o nome de "Booktrailer". Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria foron os encargados de escoller os libros, de grabar e representar os seus trailers, así como de editalos e maquetalos.
Foi unha actividade moi divertida na que tiveron que tomar moitas decisións e traballar en equipo, xa que todos/as tiñan unha responsabilidade dentro do grupo.
A continuación podedes ver os vídeos e tamén as tomas falsas dun dos equipos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario