Concursos de creatividade que se levaron a cabo nas aulas de Educación Infantil e Primaria con motivo do Samaín
EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Concursos de creatividade que se levaron a cabo nas aulas de Educación Infantil e Primaria con motivo do Samaín
EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Así de cómodas e cómodos participaron os nenos de 6º de Educación Infantil no concurso de bruxas e bruxos!
Chegou o tempo de meigas e desde Biblio Conmeniño trouxemos a 1ª edición do Concurso de Debuxos de Samaín, con premio!
Realizamos un concurso grupal de ratos e ratas, en busca da nova mascota que represente ao Equipo de Biblioteca do CEIP de Conmeniño.
Así foi o proceso antes de anunciar o gañador, o martes 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares.
Este ano estreamos a primeira edición do telexornal de Conmeniño para iniciar o noso proxecto documental integrado, CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META. Un PDI que centra a súa mirada no benestar físico e emocional, nos estilos e hábitos de vida saudable e na importancia da ciencia, o deporte, a natureza e os valores para lograr o benestar persoal e social dando cumprimento aos obxectivos propostos pola Axenda 2030.
Un proxecto que axudará a integrar nas aulas á investigación, á lectura, á busca e o descubrimento, á experimentación, á escritura e á comunicación.
Tanto o guión como todo o proceso de elaboración do Documental, incluídas as gravacións, están elaboradas polo alumnado do centro.
Esperamos que vos guste!
Queridas lectoras e lectores creativos, este ano volvemos a ser seleccionados no programa "Biblioteca Creativa" e como ben sabedes, houbo uns bonitos e pequeniños cambios na nosa Biblio, con novos espazos para poder levar a cabo dito programa. Que vos parece?
Ola amiguiñas e amiguiños!
Despois de darlle moitas voltas, xa temos gañadores do Consurso de Fotografía! Non foi unha tarefa doada para o noso xurado, que comentou que fora complicado decidirse por dúas fotografías.
O que si temos máis que claro é que O Grove é terra de artistas. Aproveitade o privilexio de vivir neste entorno para seguir tirando fotografías a todo o que vexades! Quen sabe? Se cadra algunha ou algún de vós fai deste arte un oficio...
Imos coas imaxes premiados! (redobre de tambores)
O primeiro premio é para Greta, de 3º de EP.
Mirada fiel
E o segundo premio é para Gabriel, de 6º de EP.
Un paseo polo Río da Chanca
E por suposto parabéns a todas e todos por animarvos a ollar o mundo tras o obxectivo dunha cámara e amosarnos lugares, plantas, amigos e curiosos bichiños que forman parte do voso (do noso) mundo natural 💚💚💚
O noso especial agradecemento ás familias, pola súa colaboración 💕
Concurso de fotografía para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente.
Contacontos con tres artistas, un deles ilustrador e o outro cantautor. Foi unha actividade moi divertida na que o alumnado puido debuxar caricaturas e coñecer cantando un pouquiño máis sobre a vida de Francisco Fernández del Riego.
Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, traballamos conxuntamente cos equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca do cole de Bizocas para que os nenos e nenas preparasen un conxunto de actividades sobre o autor homenaxeado este ano. Estas son as actividades que prepararon os nenos e as nenas de Conmeniño para que resolveran os/as de Bizocas:
O alumnado de 1º curso preparou para a merenda unha ensalada riquísima con productos do noso horto e algún que outro complemento. Primeiro buscamos receitas e libros de cociña na biblio e agora terán que escribir a súa para deixárnola ao resto de cursos!
Dinamización dos recreos na Biblioteca creando Bookface, é dicir, fundirse coa portada dun libro.
Que vos parecen? Podedes deixar o voso comentario e seguir animándovos a novas creacións, porque a Biblioteca está aberta á imaxinación de todos e de todas.
Ola a todas e a todos!
Hoxe en Infantil tivemos un día moi científico... Fixemos un estómago e un corazón!
Dentro do noso proxecto sobre o Corpo Humano, fixemos dous experimentos: un para saber como funciona o aparato dixestivo e outro para ver como bombea sangue o noso corazón. Gracias ao profe Jose por enseñarnos tanto!!
Apertas de Gusibot
Aquí vos deixamos outra das novidades, o noso carriño de Bibliopatio, no que a parte de libros hai distintas mochilas (creativa, de xogos de mesa, de escritura creativa...) para poder facer uso delas tanto no recreo coma na casa. Os responsables de levar o carriño e de facer os préstamos son os axudantes de Biblioteca.
Un día Sofía entra na aula cunha historia escrita por ela na que a protagonista era unha nena que chegaba a un novo país... en relación co tema dos refuxiados e inmigrantes e o proxecto do cole... o PDI. A partir de aí, comezaron as seguintes historias creativas