O alumnado de 3º de Primaria creou un manifesto poético que coa axuda da sua mestra recitaron ao resto do alumnado do cole o Día da non violencia e a paz.
martes, 28 de marzo de 2023
Taller de estampación de camisetas
Para preparar a nosa marcha pola non violencia e a paz contamos coa axuda de Andrea, a mamá de dous nenos do cole. Como podedes ver no vídeo, ela explicounos o proceso de elaboración e axudounos a cada un dos nenos e nenas do cole a decorar a nosa camiseta.
Previamente xa fixeramos un pequeno obradoiro para decoralas pola parte traseira con motivos relacionados coa paz.
Taller de lettering
Comezamos o curso realizando un Taller de Lettering.
Dúas nenas de 5º (Andrea e Candela) e dúas de 6º (Carmen e María), impartiron ao resto de cursos de Educación Primaria un taller de Lettering.
En primeiro lugar, explicaron de que se trataba, ensináronlle a forma na que hai que agarrar os rotuladores e por último, axudáronlles a realizar o trazado para que puidesen escribir unhas pequenas letras aos seus seres máis queridos.
Foi unha xornada de convivencia de moito proveito na que aprendemos todas e todos xuntas/os.

PRESENTACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA
Este é o primeiro ano que participamos en Biblioteca Creativa, por eso, a partir de agora amosarémosvos neste blogue todo o que engloba.
Benvidos e benvidas a tod@s!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Novos recunchiños
Así quedou o noso mural, creado por todos os nenos e nenas na formación de imprenta creativa, que da lugar ao noso novo recuncho. Nel mestú...
-
Rematamos o curso por todo o alto coa presentación do noso Proxecto Documental Integrado! Foi unha xornada moi especial na que contamos co...
-
Así quedou o noso mural, creado por todos os nenos e nenas na formación de imprenta creativa, que da lugar ao noso novo recuncho. Nel mestú...
-
Benvidas e benvidos ao 3º Telexornal de Conmeniño! Presentado por nós, o alumnado de 4º de Primaria. Neste último trimestre fixemos un ...