viernes, 20 de diciembre de 2024

Obradoiro de cociña navideño

  O último día de cole celebrámolo facendo unha riquísima receita navideña: boliñas de masa de pizza recheas de queixo e xamón. 


viernes, 13 de diciembre de 2024

Obradoiro de adornos navideños

 Obradoiro de renos navideños nos recreos de biblioteca creativa. 

Ademais, os máis pequeniños/as contaron coa axuda dos maiores, de maneira internivel, foi un éxito.



martes, 10 de diciembre de 2024

Obradoiro coa familia

  Obradoiro de galletas navideñas feito por Judit, a mamá de Candela, de 4 anos. 

Moitas gracias por facernos gozar de esta experiencia tan divertida e saborosa💓

 

 




 




 

martes, 3 de diciembre de 2024

Creación de fósiles

 O alumnado de 5 anos creando fósiles de dinosaurio na biblioteca.






Depoemprende

 Depoemprende na escola é un proxeto educativo dirixido aos centros de Educación Primaria no cal o alumnado crea e xestiona unha cooperativa. Elaboran produtos e organizan a súa venda en actividades nas que colaboran os diferentes centros educativos participantes, co fin de vender o que o alumnado elaborou, destinando unha parte dos beneficios obtidos a accións sociais.

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a presentación da nosa empresa na Diputación de Pontevedra.


 
 

Logo, tamén tivemos tempo para ir ao Museo de Pontevedra

 

 


FRIDA KAHLO para concienciar sobre o 25 de novembro

 O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller e interdisciplinarmente coa área de Educación Plástica, decidiuse traballar a través de Frida Kahlo, unha das artistas máis representativas do empoderamento feminino nun contexto artístico de loita pola individualidade da muller e pola liberdade creativa.

A partir de aquí elaboramos un certame de fotografía, que nos servise para investigar e falar, así como para caracterizarnos igual que a artista.


Por aquí pódese ver o creativos e creativas que foron os nenos/as, pero tamén as súas familias. Unha vez máis, gracias pola vosa participación.  



 


Ademais, o alumnado creou unhas flores de origami para regalar e intercambiar co resto de compañeiros no patio.
 


 

 

 

 

25N - MAFALDA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 3º de Educación Primaria aproveitou a figura da famosa personaxe Mafalda para traballar o día Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Escribimos as frases que antes traballaron na clase de Educación Artística.

 
 

  

sábado, 16 de noviembre de 2024

O outono

O alumnado de 1º ten moitas cousas que contarnos sobre o outono... 
Fai clic no vídeo para coñecer cantas cousas teñen que contarnos sobre o outono e encherte de ledicia escoitándoos!  

 

viernes, 15 de noviembre de 2024

CLUB DE LECTURA

 Benvidas e benvidos ao noso Club de Lectura!

Este ano, con moita ilusión,  sumamos un novo proxecto a nosa biblioteca, un Club de Lectura, e estamos moi orgullosas e orgullosos de presentárvolo, aínda que... hoxe soamente foi o comezo. 

Agora toca poñerse mans á obra, crear un logo, buscar o libro que queremos ler... así que vos iremos contando e ensinando por aquí cando teñamos  novas noticias.

Hoxe foi a quenda do terceiro curso, por aquí vos deixamos unhas imaxes do seu primeiro día:

 



martes, 12 de noviembre de 2024

Concurso "Burbuxas"

 O alumnado de 6º curso creou un logo para a lavandería autoservicio Burbuxas, en o Grove.  Por aquí vos deixo un conxunto de imaxes do proceso e do logo gañador. Que vos parece?

 

 
 

Novos recunchiños

 Así quedou o noso mural, creado por todos os nenos e nenas na formación de imprenta creativa, que da lugar ao noso novo recuncho. Nel mestú...