jueves, 31 de octubre de 2024

Chegou Samaín!

 Chegou Samaín e polo tanto a nosa exposición temática de libros para os lectores/as máis atrevid@s! 

 

Ademáis, as nenas e os nenos de EI tamén tiveron a oportunidade de preparar cabazas terroríficas!

martes, 29 de octubre de 2024

Cómic e onomatopeias

  Traballamos o cómic e as onomatopeias a través dos dos debuxos e decoración de Samaín.

 

 




lunes, 28 de octubre de 2024

viernes, 25 de octubre de 2024

II TELEXORNAL DE CONMENIÑO

 Ola de novo lectoras e lectores,

Onte, 24 de outubro, foi o Día das Bibliotecas e desde o CEIP de Conmeniño traémosvos a segunda edición do telexornal de Conmeniño para presentarvos o noso proxecto documental integrado, OLLARTE, e ensinarvos a decoración das nosas portas. Un PDI que centra a súa mirada nos distintos tipos de arte e todo o que iso conleva, dando cumprimento aos obxectivos propostos pola Axenda 2030.

Un proxecto que axudará a integrar nas aulas á investigación, á lectura, á busca e o descubrimento, á experimentación, á escritura e á comunicación. 

Esperamos que vos guste! 

Aquí vos deixo o vídeo elaborado completamente polo alumnado de 6º curso.



martes, 22 de octubre de 2024

Novo recuncho de estimulación multisensorial

 Por aquí vos deixamos unhas fotos dos nosos novos recunchiños de estimulación multisensorial na nosa biblio, que vós parecen?


 




lunes, 21 de octubre de 2024

Creamos en familia

 Na aula de 6º de EI tivemos a visita de Rebeca, a mamá de Amaia, que veu a facer un experimento e unhas diademas de Samaín moi chulas!

Que vos parecen?

Moitas gracias Rebeca pola túa implicación 💕







jueves, 17 de octubre de 2024

Coñecemos os materiais

 O alumnado de 3 anos, coñecendo o material da aula e aprendendo a utilizalo (ceras duras, brandas, rotuladores, tesoiras, pegamento...)


miércoles, 16 de octubre de 2024

Abrimos as portas ás familias...

 Ola familias, 

Alba, a mamá de Hugo, foi este ano a primeira en acudir ao centro a facer unha manualidade coas nenas e os nenos, a partir da historia que lles contou sobre o misterio das campás do arco da vella.

Moitas gracias Alba, pola túa iniciativa e participación e por facer posible esta actividade tan chula!

Ao resto de familias, se estades interesadas en vir, non dubidedes en contactar con nós 😊

 

 

lunes, 14 de octubre de 2024

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2024-25

 Benvidas e benvidos a este novo curso 2024-2025. Este ano comezamos cun xogo de pistas e adiviñas para coñecer o noso novo proxecto: OLLARTE.

Que vos pareceu o noso inicio?




A continuación, nas seguintes publicacións, poderedes ir vendo todas as actividades que levemos a cabo este novo ano académico. Esperamos que vos gusten!
Apertas.

Creación de fósiles

 O alumnado de 5 anos creando fósiles de dinosaurio na biblioteca.