martes, 30 de abril de 2024

29 de abril- Día Internacional da Danza

  Onte, 29 de abril, foi o Día Internacional da Danza. Por este motivo, desde a área de Música e Danza, en relación co noso PDI "Conmeniño Olímpico", estivemos preparando unhas Olimpiadas de Baile. Aprendemos diferentes xéneros de danza e traballamos con distintos estilos musicais. E sabedes que? O grupo de 4º atreveuse a crear por eles mesmos, de forma cooperativa, a súa propia coreografia!!

A que grupo lle dades vos a medalla de ouro? A nós, a verdade, cústanos moito escoller 😍


domingo, 28 de abril de 2024

23 de abril- Día do Libro

 Para conmemorar o Día do Libro, realizamos unha actividade de apadriñamento e amadriñamento lector, os máis maiores do cole léronlle aos máis pequenos e, este foi o resultado:



domingo, 21 de abril de 2024

O casa do noso Ratiño

 Novo espazo na biblio, a da nosa mascota de biblio, Ratiño, que vos parece?

Como curiosidade, contareivos que está inspirada nas bonecas Waldorf, é dicir, caras sen expresións definidas, deixando espazo á fantasía e a creatividade, para que o alumnado poida escoller se está contento/a, se choran, se hai enfado... 





miércoles, 10 de abril de 2024

Bicos de Flores do alumnado de 1º

 Coa finalidade de celebrar o Día da Poesía, o alumnado de 1º de Primaria recitou e ilustrou o poema ``Bicos de Flores´´ de Xosé Luna Sanmartín.

Esperamos que vos guste!

X Certame de relato curto

 O alumnado de 6º curso participou este ano no X Certame de Relato Curto, esperamos que teñan moita sorte contando as súas vivencias 🙊 



1 de Abril- Día das Artes Galegas

  Feliz Día das Artes Galegas!

 



Debido a que este ano está adicado a Francisco Asorey, un dos máis grandes dos escultores galegos, no cole en relación co noso proxecto das Olimpiadas decidimos facer un busto deportista. Por aquí vos deixamos as nosas creacións.
 





21 DE MARZO- DÍA DA POESÍA

 Para conmemorar o Día da Poesía (21 de marzo) , fixemos poemas ilustrados, que posteriormente compartimos co CEIP As Bizocas.


Tamén deixamos por aquí a ligazón deles para que poidades ver os poemas que elaborou o Club de Lectura: Preme aquí para ver os video-poemas

Grazas polo voso traballo compañeiras e compañeiros!










17 DE MARZO- DÍA DO CÓMIC

 

 O pasado 17 de marzo foi o Día do Cómic. Para conmemoralo tivemos con nós a Nadia para realizar un obradoiro de banda deseñada. Falamos das técnicas básicas do debuxo e fixemos unha pequena páxina de cómic autoconclusiva para que as nenas e os nenos se familiarizasen co medio.





15 DE MARZO- DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 O pasado 15 de marzo conmemorouse o día dos dereitos do consumidor e desde o cole fixémolo mediante un obradoiro saudable. Transformámonos en cociñeiros/as por un día, fomos á tenda e creamos unhas brochetas de froitas deliciosas, que despois puidemos degustar.

Falamos dos dereitos que temos como consumidores, da importancia de que o que comemos sexa de tempada, local e dos perigos que teñen moitos alimentos para o noso organismo e a nosa saúde.

Preparamos a froita e puxemos a mesa...


Pero tamén os nosos propios gorrros de cociñeiros e cociñeiras

E despois puxémonos mans á obra!!











No 2º curso de Educación Primaria, estimulamos os nosos sentidos, especialmente o do gusto e do tacto. Traballamos as formas da froita, a posición dos números ao colocalos na brocheta, pero sobre todo probamos moitos tipos de froita!





Creación de fósiles

 O alumnado de 5 anos creando fósiles de dinosaurio na biblioteca.