martes, 30 de abril de 2024

29 de abril- Día Internacional da Danza

  Onte, 29 de abril, foi o Día Internacional da Danza. Por este motivo, desde a área de Música e Danza, en relación co noso PDI "Conmeniño Olímpico", estivemos preparando unhas Olimpiadas de Baile. Aprendemos diferentes xéneros de danza e traballamos con distintos estilos musicais. E sabedes que? O grupo de 4º atreveuse a crear por eles mesmos, de forma cooperativa, a súa propia coreografia!!

A que grupo lle dades vos a medalla de ouro? A nós, a verdade, cústanos moito escoller 😍


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Novos recunchiños

 Así quedou o noso mural, creado por todos os nenos e nenas na formación de imprenta creativa, que da lugar ao noso novo recuncho. Nel mestú...