miércoles, 10 de abril de 2024

15 DE MARZO- DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 O pasado 15 de marzo conmemorouse o día dos dereitos do consumidor e desde o cole fixémolo mediante un obradoiro saudable. Transformámonos en cociñeiros/as por un día, fomos á tenda e creamos unhas brochetas de froitas deliciosas, que despois puidemos degustar.

Falamos dos dereitos que temos como consumidores, da importancia de que o que comemos sexa de tempada, local e dos perigos que teñen moitos alimentos para o noso organismo e a nosa saúde.

Preparamos a froita e puxemos a mesa...


Pero tamén os nosos propios gorrros de cociñeiros e cociñeiras

E despois puxémonos mans á obra!!











No 2º curso de Educación Primaria, estimulamos os nosos sentidos, especialmente o do gusto e do tacto. Traballamos as formas da froita, a posición dos números ao colocalos na brocheta, pero sobre todo probamos moitos tipos de froita!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

II REVISTA ESCOLAR

 Extra!!! Extra!!! Xa está aquí o derradeiro número da revista "A voz de Conmeniño". Podedes vela na seguinte presentación ou acce...